XXVI Torneo 3X3 Vila de Baiona

Cita importante que suma unha edición máis. Chega a XXVI edición do Torneo 3×3 Vila de Baiona da man de Concello de Baiona  e CB Baiona. 

Co 3×3 como motor da diversión e o bo ambiente, o torneo ofrecerá competición concentrada na tarde do venres 11 de agosto e ao longo de todo o sábado 12.

 Participarán diferentes categorías (adultos, Sub 16, Sub 12 e veteráns) de xogo e farano en varias pistas, sitas no Parque de A Palma, contando coa colaboración da FGB e coa presenza de equipo arbitral do Comité Galego de Árbitros.

O calendario completo desta XXVI edición, así como a normativa poden consultarse a continuación:

Calendario Completo

Normativa 

Esta actividade está incluída nos Convenios coas Federacións Deportivas para a organización de competicións en materia de promoción da igualdade e inclusión no deporte federado.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram