3×3 “XXXVII Copa Galicia Sénior Masculina”

Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto; organizan en Lugo o Torneo 3×3 da “XXXVII Copa Galicia Sénior Masculina”.

O sábado e domingo, 16 e 17 de setembro; o 3×3 será parte importante dos eventos paralelos á propia competición copeira, engadindo ambiente e cor a esta edición.

Nas pistas exteriores do Pazo dos Deportes e na pista oficial 3×3 da Federación Galega de Baloncesto o 3×3 da “XXXVII Copa Galicia Sénior Masculina” reunirá a equipos de distintas categorías para sumar unha nova cita con esta modalidade, que cobra forza a cada paso.

O Torneo contará con diferentes categorías de xogo, contando con entre 4 e 8 equipos por categoría:
– U14 (2009 e posteriores)
– U17 (2006 e posteriores)
– Categoría Absoluta (2005 e anteriores).

O campión e Subcampión de cada categoría reicibirán trofeo e vales na Fan Zone Estrella Galicia, espazo establecido para os eventos que rodean á propia Copa Galicia.

Inscrición
A solicitude de participación no 3×3 “XXXVII Copa Galicia Masculina” deberá tramitarse vía email: ajsc_lugo@hotmail.com

A cota de participación para cada categoría é a seguinte:
– U14 (2009 e posteriores): 20 €.
– U17 (2006 e posteriores): 20 €
– Categoría Absoluta (2005 e anteriores). 30 €.

Esta actividade está incluída nos Convenios coas Federacións Deportivas para a organización de competicións en materia de promoción da igualdade e inclusión no deporte federado.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram