Seguro deportivo
SURNE
Seguro para a actividade federada correspondente aos maiores de 16 anos.
- Dirixido a todos os deportistas (xogadores, adestradores, delegados, xuíces, árbitros… etc) que teñan suscrita unha licencia coa Federación Galega de Baloncesto.
- Duración: O seguro de accidentes deportivo comenza no momento da validación da licenza e remata o 30 de xuño do ano seguinte.
Ámbito da cobertura
- Esta póliza de acccidentes deportivos recolle todo o exixido no RD 849/1993 así como unha serie de melloras reflexadas na póliza de cada temporada.
- Terán cobertura os adestramentos supervisados por persoal cualificado e as competicións oficiais organizadas durante a vixencia da licenza federativa do deportista e que formen parte dos calendarios de actividade da federación correspondente.
Seguro deportivo
XOGADE
Persoas con idade comprendida entre os 6 e 16 anos (ambos inclusive), inscritas nas distintas actuacións do Programa Xogade:
- A actividade deportiva escolar (incluídos os programas puntuais como “Xogando coa auga e co vento”, “Xogando co atletismo”, “Multixogo 6 a 8”, “Actividades de promoción”…).
- A actividade federada das federacións adheridas. Deberán ter cumpridos os 6 anos e perderán a condición de asegurados unha vez cumpridos os 17 anos, con independencia da vixencia da póliza, da vixencia da súa licencia ou da actividade practicada.
Ámbito da cobertura
- Actividade deportiva escolar:
Terán cobertura as actividades de Xogade publicadas e os adestramentos supervisados durante o calendario escolar. - Actividade federada:
Terán cobertura os adestramentos supervisados por persoal cualificado e as competicións oficiais organizadas durante a vixencia da
licenza federativa do deportista e que formen parte dos calendarios de actividade da federación correspondente.
XOGADE - Como actuar!
1. COMUNICAR
No 881 85 00 87 ou https://partesxogade.es.
Precisará o Identificador que está no carné de Xogade.
2. ACUDIR
Nuns minutos recibirán unha chamada indicando o centro médico no que autorizan a asistencia. Acudir ao centro médico indicado pola mútua.
3. AUTORIZAR
Os representantes legais recibirán un SMS cun enlace para autorizar a xestión de datos.
1. COMUNICAR
No 881 85 00 87 ou https://partesxogade.es.
Precisará o Identificador que está no carné de Xogade.
2. ACUDIR
Nuns minutos recibirán unha chamada indicando o centro médico no que autorizan a asistencia. Acudir ao centro médico indicado pola mútua.
3. AUTORIZAR
Os representantes legais recibirán un SMS cun enlace para autorizar a xestión de datos.
4. ENVIAR
Deberán ENVIAR os informes médicos (tamén o de ALTA) á aseguradora.
Teñen 2 vías:
A entidade (centro educativo, club ou federación) ten 7 días desde a lesión para certificar na aplicación de Xogade.
Contacto para dúbidas, seguimento, queixas:
Para reclamacións formais poderán remitilas á aseguradora SURNE
SURNE - Como actuar!
1. ASISTENCIA POR URXENCIA VITAL
No caso de URXENCIA VITAL (aquela na que esté en perigo a vida do deportista) poderase acudir ao Hospital/Centro máis próximo.
2. ASISTENCIA URXENTE
O Deportista que, por motivo dun accidente deportivo requira asistencia URXENTE E INMEDIATA, deberá comunicar á Compañía o seu sinistro e solicitar un centro de Urxencias.
Existen dúas posibles vías para a apertura do parte de accidente:
Vía telefónica: 981 941 111. Recolleranse datos do sinistro e a continuación se lle facilitará unha cita preferente en centro concertado.
Vía web: https://centrodeatencionalpaciente.es/
Poderá xestionar a comunicación do sinistro. Será contactado á maior brevidade para a asignación de cita médica.
3. ASISTENCIA NON URXENTE
No caso de que a atención ao deportista non sexa necesariamente inmediata e poida diferirse, deberase xestionar a apertura de sinistro polas canles indicadas (teléfono 981 941 111, ou ben a través da web: https://centrodeatencionalpaciente.es/).
Asignaráselle cita preferente con médico especialista.