Social Basket

fegaba

social basket

O Baloncesto Galego como axente activo! Unimos Deporte con diferentes perspectivas da nosa sociedade! Coñece as actividades do noso proxecto! 

"O Baloncesto Galego di NON"

A Federación Galega de Baloncesto (FGB), en colaboración con AQUALIA, activamos a campaña “O Baloncesto Galego di NON”.

Con motivo do Día Internacional da loita da violencia contras as mulleres, 20.000 pulseiras co lema “O Baloncesto Galego di NON” foron as protagonistas nos pavillóns de toda GALICIA da man de todos os xogadores e xogadoras galegas de Baloncesto, así como os adestradores, árbitros e oficiais de mesa.

 A acción contou co apoio dos equipos galegos de categorías nacionais, tanto ACB como da propia FEB; así como dos árbitros AEBA e de personalidades do deporte e da cultura.

Basket Diverso

Parte importante da Comunidade Baloncestística galega uniuse a través de “Basket Diverso”, iniciativa que, en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado e GADIS; impulsou os valores do Baloncesto como elemento integrador e educacional.

En Lugo, Ferrol e Vigo, un total de 250 xogadores de Baloncesto de diferentes modalidades e categorías reuníronse para compartir unhas horas de aprendizaxe, inclusión e práctica deportiva.

Participaron representantes do Ensino Lugo, Celta Baloncesto e Baxi Ferrol de Liga Feminina Endesa; Xuncas Diversia, Basketmi e Amfiv Vigo de Balocnesto en Cadeira de Rodas; e as Fundacións Universitario de Ferrol e Celta Integra. 

Brazaletes de Esperanza

Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, que se conmemorouo 4 de febreiro, dende a Federación Galega de Baloncesto unímonos á iniciativa “Brazaletes de Esperanza”, da Asociación Española Contra o Cancro. E fixémolo grazas á implicación do noso Comité Galego de Árbitros (CGAB).

Nos encontros desa fin de semana das nosas competicións, os árbitros e oficiais de mesa do CGAB lucirán os seus propios brazaletes verdes, representando así a todo o Baloncesto Galego na nosa colaboración e total apoio á Asociación Española Contra o Cancro.

Esta enfermidade non distingue de cores nin escudos, elixe a todos por igual. Só todos contra o cancro poderemos gañar o partido máis difícil: continuar aumentando a supervivencia á enfermidade ata chegar a un 70% e apoiar aos miles de pacientes e familias.

#TodosContraoCancro

Día mundial da auga

FEGABA e GADIS, por un Baloncesto Sostible

Federación Galega de Baloncesto e Supermercados GADIS suman as súas forzas para impulsar o poder do Baloncesto como peza importante dun mundo máis sostible.

Con motivo da celebración do Día mundial da Auga (22 de marzo), FEGABA e GADIS ofrecen aos clubs galegos de Baloncesto a posibilidade de recibir, de xeito gratuíto, novas redes para as súas canastras, unhas redes especiais que proceden do mar e que chegan coa sinatura da empresa ECOBALLUTION.

Federación Galega de Baloncesto e GADIS súmanse así a aposta de ECOBALLUTION para materializar a capacidade do Deporte para respectar e coidar ao medio ambiente.

As redes ECOBALLUTION están confeccionadas de forma artesanal polas redeiras de Corme, e proceden doutras redes, as que se atopan no mar ou foron rexeitadas xa para o seu uso neste ámbito.

Ecoballution

A ligazón de ECOBALLUTION co Baloncesto non é allea. Esta marca conta co xogador Coruñés, Carlos Martínez; como o seu fundador, director e coñecedor en primeira persoa da importancia do compromiso que o Deporte debe ter co medio ambiente, neste caso a través da AUGA.

Construamos xuntos un Baloncesto máis sostible a partir da AUGA