Nivel 1

Curso Nivel 1 2022 - 2023

A Federación Galega de Baloncesto convoca o Curso AUTONÓMICO de Nivel 1, con carácter FEDERATIVO e en formato SEMIPRESENCIAL.

Actívase a súa Convocatoria axeitándoa tanto á normativa vixente (Decreto 106/2017, do 28 de setembro), como ao momento actual, contando con profesorado de calidade e con medios acordes ás tendencias formativas do século XXI.

A celebración deste Curso de Nivel 1 22 – 23 inclúese dentro do Plan Nacional de Estudos da Escola Nacional de Adestradores e posúe validez exclusivamente federativa.

Este curso habilita, tras superalo, a exercer como adestrador de baloncesto en Galicia.

Bases e requisitos

Para poder solicitar a preinscrición no Curso deben cumprirse, como mínimo, tres requisitos básicos:

  • Ter un mínimo de 16 anos.
  • Estar en posesión de un título de graduado en educación secundaria, ou equivalente ou superior.
  • Estar en posesión do título de adestrador de nivel 0 expedido pola Federación Galega de Baloncesto.

O Curso iniciarase o 1 de setembro de 2023 e estenderase ata o mes de decembro do mesmo ano.

A formación realizarase de xeito SEMIPRESENCIAL, con presenza física en datas concretas e afrontando a parte online a través da renovada PLATAFORMA FORMATIVA FGB

As datas concretas de cada fase do curso, o requisitos completos, así como a estrutura dos bloques formativos do mesmo, a carga lectiva, e convalidacións é preciso consultalas na GUÍA DIDÁCTICA DO CURSO.

SEDE DO CURSO – FASE PRESENCIAL

A fase presencial do Curso Realizarase no Concello de  A Estrada. 

A Formación terá lugar no Pavillón Manuel Coto Ferreiro, grazas á colaboración do  propio Concello.

A estancia dos alumnos durante esas datas realizarase na Academia Galega de Seguridade Pública, en virtude da colaboración coa Xunta de Galicia e o Concello de A Estrada.

COTA DE INSCRICIÓN

A cota de inscrición por persoa é de 400 € (correspondentes estritamente á formación) + 40 € (relativos á estancia con pensión completa os días 1, 2 e 3 de setembro).

O reducido prezo que os alumnos terán que afrontar para a manutención é posible grazas a colaboración da Federación Galega de Baloncesto, O Concello de A Estrada e a Xunta de Galicia.

A conta bancaria na que realizar o ingreso é: ES96 2100 1455 14 0200227406

ADMISIÓN

O prazo de inscrición remata o día 26 e xullo ás 12:00 h 

O 27 de xullo, unha vez rematado o prazo de inscrición, a Escola Galega de Adestradores comunicará o listado de 75 persoas admitidas no curso de entre todas as solicitudes recibidas, e sempre en función do cumprimento dos requisitos. 

proceso aberto do DÍA 10 ao 26 de xullo (12:00 h)

INSCRICIÓN pechada

Lembra que para a preinscrición precisarás ter a man o título oficial FGB de Adestrador/ora de Iniciación e o Xustificante de Pago.