EGA 23 - 24
A Federación Galega de Baloncesto formula o proceso completo formativo dos técnicos galegos a través da súa Escola Galega de Adestradores, escenario de prestixio e calidade didáctica para o #adestradorgalego
Cursos Federativos e Actividades
Na vixente temporada 2023 – 2024, a Escola Galega de Adestradores, baixo a dirección de Carlos Colinas, materializa unha programación formativa que ten a súa base nos CURSOS DE ÁMBITO FEDERATIVO: Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2.
O Calendario de cursos federativos complétase ademais cun plan de actividades, obradoiros e eventos didácticos que se estende ao longo da temporada percorrendo diferentes localizacións da xeografía galega.

ORGANIGRAMA
Director
Carlos Colinas
Xefe de estudos
Chete Pazo
Responsables Áreas Bloque Específico
Rubén Vázquez - Pablo Abuín - Marcos Vázquez - Chete Pazo - Xoel Folgueiras
Os adestradores e adestradoras, alumnos e persoas interesadas en consultar información, dúbidas ou poñerse en contacto coa Escola Galega de Adestradores poder facelo remitindo os seus emails á area en cuestión. Daremos resposta á maior brevidade posible!