Visión e Natureza
A Federación Galega de Baloncesto é unha entidade de dereito privado que reúne xogadoras e xogadores, adestradoras e adestradores, árbitros, así como clubs, asociacións, agrupacións e a totalidade de entidades adicadas á práctica do baloncesto no territorio galego.
A FGB quere ser, xa que logo, un axente social activo que orienta os seus esforzos a facer do baloncesto unha ferramenta de cambio a prol da cohesión e o benestar da sociedade galega.

Rol da FGB
A Federación Galega de Baloncesto ordenará, dirixirá e planificará as actividades do Baloncesto Galego para que contribúan do xeito máis eficiente á cohesión e ao benestar da sociedade galega.
A FGB levará sempre a cabo as súas accións en coordinación co organismo competente da Xunta de Galicia, os Estatutos da Federación Española de Baloncesto e as disposicións que traten das actividades de ámbito español e da FIBA no ámbito internacional.
Gozar participando
Gozar participando
Recoñecer o esforzo pola excelencia
Recoñecer o esforzo pola excelencia
Vivir a nosa identidade
Vivir a nosa identidade
Promover o liderado
Promover o liderado
Fomentar a amizade
Fomentar a amizade
Actuar de modo sustentable
Actuar de modo sustentable
Competencias
Son competencias estatutarias da Federación Galega de Baloncesto:
a) Promocionar o desenvolvemento e práctica do baloncesto, regulamentar e coordinar o aspecto técnico e organizar os campionatos e competicións da súa xurisdición.
b) Regular o réxime xurídico e disciplinario dos clubs, asociacións, agrupacións, comités e a totalidade das entidades, xogadoras e xogadores, adestradoras e adestradores, árbitros, oficiais de mesa, técnicas e técnicos arbitrais, directivas e directivos e, por último, de todas aquelas persoas que dalgún xeito interveñan na organización e práctica do baloncesto cumprindo sempre as disposicións vixentes sobre estes casos.
c) Formar e cualificar o personal técnico e deportivo especializado.
d) Coordinar as funcións e competencias das Federacións Zonais e Delegacións Comarcais.
e) Regular o seu réxime disciplinario e velar polo seu cumprimento.
f) Asignar, controlar e fiscalizar as axudas e subvencións dos seus afiliados.
No ámbito internacional, a Federación Galega de Baloncesto participará en competicións de acordo co que establezan as disposicións vixentes.