3x3 U13 - U15
A temporada 2022 – 2023 foi a da aterrizaxe do 3×3 nas competicións FGB. As categorías U13 – U15 foron parte protagonista coa celebración do Campionato Galego nestas idades.
Ourense, baixo a organización de Club Carmelitas Vedruna, acolleu esta competición, que deixou boa mostra das gañas de 3×3 que latexan en Galicia.
A Fase Final do Campionato deunos a coñecer os primeiros campións Galegos, polo momento, da curta pero intensa historia do 3×3 FGB:
3×3 U13 Masculina
Rianxeira
3×3 U13 Feminina
As Castrexas
3×3 U15 Masculina
Campus Álex Llorca
3×3 U15 Feminina
P.A.S.E
Próximo reto: o Campionato de España
Os catro combinados de xogadores e xogadoras teñen agora ante si o reto de participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas, representando a Galicia. A cita será en Blanes, os vindeiros 24 e 25 de xuño.





3x3 - U17
Os Clubs galegos tiveron nesta temporada 2022 – 2023 a primeira oportunidade de competira a nivel federado na modalidade 3×3.
Palmarés
Tras as finais, que pecharon unha gran xornada de 3×3 en Boiro, asinaron o seu Campionato:
U17 Feminino
Campión: Rosalía Fedesa.
Subcampión: Ensino Lugo.
U17 Masculino
Campión: Ensino Lugo.
Subcampión: Edo Blanco Amor.
Os 4 equipos afrontarán agora o Campionato de España da categoría, a celebrarse entre o 9 e 11 de xuño en Cala Millor, Mallorca.
