3X3 "Camiño a Compostela"
O 3×3 FGB abrirá a temporada Camiñando a Compostela. A Federación Galega de Baloncesto pon en marcha a I Edición do 3×3 “Camiño a Compostela”.
Gracias a colaboración directa do Concello de Santiago, os vindeiros 1, 2 e 3 de setembro, o 3×3 será o protagonista dun evento con triple vertente:


O 3×3 FGB abrirá a temporada Camiñando a Compostela. A Federación Galega de Baloncesto pon en marcha a I Edición do 3×3 “Camiño a Compostela”.
Gracias a colaboración directa do Concello de Santiago, os vindeiros 1, 2 e 3 de setembro, o 3×3 será o protagonista dun evento con triple vertente:
Venres, apertura a pé.
A primeira xornada do 3×3 “Camiño a Compostela” permitirá peregrinar con nós ata o epicentro de Compostela, a Paza do Obradoiro. En horario de tarde, xunto aos equipos participantes que así o indicaron no momento da súa inscrición, poñeremos rumbo a Catedral para realizar a apertura dunha fin de semana completa.
Sábado, balón e premios en xogo
A xornada central do “3×3 Camiño a Compostela” será a do sábado, 2 de setembro. Durante todo o día viviremos a competición 3×3 na praza exterior do Centro Comercial Área Central.
Poranse en xogo dúas categorías mixtas: Sénior e Júnior (INSCRICIÓN ABERTA) e Cadete e Infantil (INSCRICIÓN PECHADA). En ambos os casos os gañadores veranse recompensados cun premio de 200 euros en material deportivo.
Unha fase de grupos clasificatoria a unha volta e as posteriores cruces, configurarán o formato de xogo.
As prazas dispoñibles para participar son un total de 12 equipos por categoría, rexistrándose por rigorosa orde de inscrición. Os equipos poderán estar conformados como máximo, de 4 xogadorxs.
Domingo non competitivo
O “3×3 Camiño a Compostela” abrirase a todas as categorías ( dende preminibasket ata sénior), nun marco non competitivo, na xornada do domingo, 3 de setembro
Esta xornada, de carácter lúdico, terá tamén lugar na praza exterior de Área Central, e non conta con límite de prazas para a participación.
Neste caso, o 3×3 tamén será mixto e poderán participar equipos non presentes na xornada do sábado ou aqueles que desexen facelo en ambas as datas.
Inscrición
A Inscrición está XA PECHADA para ambos os días de evento!
Sábado - 02/09/23
Competición
Categoría 1: Sénior e Júnior. Competición Mixta (INSCRICIÓN PECHADA)
Categoría 2: Cadete e Infantil (INSCRICIÓN PECHADA) Competición Mixta
Premios
Inscrición
INSCRICIÓN PECHADA
Domingo - 03/09/23
Exhibición
Categorías: de Preminibasket a Sénior. Competición Mixta.
Inscrición
Gratuíta. SEN LÍMITE DE PRAZAS. Prazo Aberto ata o 28 de agosto.