Curso de Iniciación 23 - 24
Os cursos de iniciación do Comité Galego de Árbitro inician aos alumnos e alumnas na base do traballo dos árbitros e oficiais de mesa.
As regras de Baloncesto, coas súas infraccións e peculiaridades, así como a mecánica, finalización e funcións específicas dos oficiais de mesa son a base da aprendizaxe nesta formación.
Durante todo este camiño didáctico, o cadro de técnicos do CGAB acompañará aos alumnos e alumnas nos seus pasos iniciais no mundo da arbitraxe, abríndolle as portas a un mundo no que o Baloncesto, pero tamén as experiencias persoais enriquecedoras, son protagonistas.
PROGRAMACIÓN
A temporada 2023 – 2024 abre a súa programación de cursos de iniciación CGAB no mes de setembro. As primeiras convocatorias formativas son de carácter PRESENCIAL e realizarémolas nos sete comités zonais da Federación Galega de Baloncesto.
As datas das diferentes convocatorias son as seguintes:
Inscrición Pechada.
Vigo – 13 e 14/09/23
Inscrición Pechada.
Vigo – 27 e 28/09/23.
O Comité Galego de Árbitros valorará tamén a posibilidade de activar cursos de iniciación de carácter ONLINE, a través do Campus formativo FEGABA.
INSCRICIÓN
PRÓXIMAS CONVOCATORIAS
Cursos PRESENCIAIS
- SETEMBRO 2023
- 2 Convocatorias por cada Delegación Zonal FGB
- ACTUALIZACIÓN: Inicio do prazo de inscrición: 19/06/23

Horas lectivas
Cada Curso de Iniciación FGB estenderase ao longo de 12 HORAS de formación en total.
Formación Teórica
8 HORAS impartidas de xeito Presencial na sede marcada en cada delegación zonal FGB e comúns para árbitros e oficiais de mesa.
Práctica
4 HORAS de formación práctica impartidas de xeito presencial na sede marcada en cada delegación zonal, e de forma diferenciada para árbitros e oficiais de mesa.
Formación Continua
Unha vez rematado o curso os alumnos que se incorporen ao CGAB continuarán realizando formación derivada do Curso. E compaxinarana coa formación da programación oficial CGAB.
Cota de inscrición
O Curso de Iniciación CGAB ten unha cota de inscrición de 25 euros . De superar o curso, esta cota incluirá xa o pago da licencia arbitral FGB.
Podes enviarnos as túas consultas ou dúbidas en relación aos nosos Cursos de Iniciación CGAB 2023 – 2024. Daremos resposta en breve!