A Copa Galicia nace en 1986 coa primeira edición da competición senior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o C.A.B. Obradoiro compostelán e máis o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB.
O primeiro vencedor foi o CB Breogán, que na actualidade é o club máis laureado da Copa Galicia con 14 campeonatos no seu poder. Dende aquel ano, o torneo senior masculino celebrouse ano tras ano, coa única interrupción do ano 2020, por mor do COVID 19.7
En 1987 naceu o torneo feminino, se ben a súa celebración non se estabilizou ata mediados dos anos noventa. No presente, lidera o palmarés feminino o Real Club Celta Baloncesto.
Ao longo do tempo, a Copa Galicia foi medrando e abranguendo cada vez máis categorías (EBA e categorías Base) ata se converter no torneo galego non ligueiro de referencia que é hoxe.
Convértea tamén en algo especial o celebrar, cada temporada, as seas eliminatorias en distintas vilas e cidades galegas. Trátase dunha Copa que xa é un punto de referencia na pretemporada do clubs galegos, e un nexo de unión entre xogadores e seareiros de todos os recantos da nosa xeografía.

A Competición
- Copa Galicia Masculina 2023
- Copa Galicia Masculina 2022
- Copa Galicia Feminina 2022
- Copa Galicia EBA 2022
- Copa Galicia Feminina 2021
- Copa Galicia LEB 2021
- Copa Galicia ACB 2021
- Copa Galicia EBA 2021
- Copa Galicia Sénior Masculina 2020
- Copa Galicia Sénior Feminina 2020
- Copa Galicia EBA 2019
- Copa Galicia Sénior Feminina 2019
- Copa Galicia Sénior Masculina 2019
- Copa Galicia EBA 2018
- Copa Galicia Sénior Feminina 2018
- Copa Galicia Sénior Masculina 2018
- Copa Galicia EBA 2017
- Copa Galicia Sénior Masculina 2017
- Copa Galicia Sénior Feminina 2017
Palmarés
Velaquí os equipos vencedores da Copa Galicia Sénior ao longo dos seus máis de trinta anos de historia (categorías masculina, feminina e EBA, respectivamente):
2023
Monbús Obradoiro/CB Chantada/Durán Maquinaria Ensino.
2022
Río Breogán/BAXI Ferrol/Ucoga Seguros CB Chantada
2021
Río Breogán (Copa Galicia ACB)/ Básquet Coruña (Copa Galicia LEB)/ Baxi Ferrol/Ucoga Seguros CB Chantada
2019
Monbus Obradoiro/Durán Maquinaria Ensino/CB Chantada
2018Cafés Candelas Breogán/Durán Maquinaria Ensino/CB Chantada
2017Obradoiro CAB/Universitario Ferrol/Santo Domingo Betanzos
2016Obradoiro CAB/Universitario Ferrol/Santo Domingo Betanzos
2015
Obradoiro CAB/Universitario Ferrol/Baloncesto Narón
2014Obradoiro CAB/Universitario Ferrol/Baloncesto Narón
2013
Obradoiro CAB/Universitario Ferrol/Baloncesto Narón
2012Obradoiro CAB/ Feel Cortegada/Establecimientos Otero Cambados
2011
Obradoiro CAB/ Real Club Celta Baloncesto/Baloncesto Narón
2010
Obradoiro CAB/Extrugasa
2009
Leche Río Breogan/Real Club Celta Indepo/ CB Chantada
2008
C.B. Breogán/Real Club Celta Indepo/ C.B. Cluny
2007
Leite Río Breogán / R.C. Celta Vigourban
2006
C. Ourense Baloncesto / Ensino Porta XI
2005
C.B. Breogán / R.C. Celta Vigourban
2004
Leite Río Breogán / Extrugasa Cortegada
2003
Leite Río Breogán / R.C. Celta Banco Simeón
2002
Leite Río Universidade / R.C. Celta Banco Simeón
2001
C. Ourense Baloncesto / R.C. Celta Banco Simeón
2000
Breogán Universidade
1999
C. Ourense Baloncesto / R.C. Celta Banco Simeón
1998
C.B. Breogán Universidade / Banco Simeón
1997
Xacobeo Ourense / Banco Simeón
1996
Sondeos do Norte / Banco Simeón
1995
Xacobeo Ourense
1994
Coren Ourense
1993
OAR Clesa Ferrol
1992
Coren Ourense
1991
OAR Clesa Ferrol
1990
OAR Ferrol/C.B. Cluny
1989
OAR Ferrol/Pabellón Caixa
1988
OAR Ferrol/C.B. Cluny
1987
C.B.Breogán/ Círculo Mercantil
1986
C.B.Breogán