
Julio Bernárdez Álvarez
Presidente Federación Galega de Baloncesto
Benvidas e Benvidos a un novo ciclo directivo para a Federación Galega de Baloncesto.
Formación, experiencia en múltiples campos de traballo e profesionalidade. Estas son as tres características que rexen á nova Xunta Directiva FGB que me acompaña e que xa está ao servizo de todos e todas vós.
Traballamos a partir destas tres liñas para servir ao Baloncesto Galego, e para ofrecer os mellores escenarios posibles para todos e todas protagonistas do mesmo: clubs, xogadores e xogadoras, adestradores, árbitros e oficiais, directivos, voluntarios e a imprescindible afección.
O noso espírito de actualización constante marcará unha renovada etapa a nivel deportivo, competitivo, social e de representatividade para o noso Deporte en Galicia, e fóra dela. Para isto partimos xa dunha base óptima, á cal compre dotar de novas ferramentas.
Entre todos, acometeremos a labor de implementar novos modelos competitivos que cubran as diferentes inquedanzas de todos os sectores do noso Baloncesto. Dunha punta á outra da nosa Comunidade, e para todas as categorías, o Baloncesto debe contar con servizos e respostas axeitadas ás diversas realidades.
Durante estes catro anos afrontaremos tamén un necesario e importante proceso de dixitalización. Este permitirá implantar os cambios precisos que simplifiquen trámites administrativos e supoñan progreso e mellora das xestións.
Queremos estar o máis preto posible de todos e todas vós. Con traballo e honestidade, seguiremos xogando xuntos!
Julio Bernárdez Álvarez