Lugo, escenario para un novo “Taller Específico de Minibasket”

A Escola Galega de Adestradores (EGA), en colaboración co Estudiantes de Lugo; activa unha nova convocatoria do formato “Taller Específico de Minibasket”. 

Marcada para o vindeiro un de maio, e co Anexo ao Pazo dos Deportes como escenario, a Área de Adestradores FEGABA establece unha dobre oportunidade para seguir ampliando a formación e as perspectivas dos técnicos da nosa Comunidade. 

Esta virá da man de Angel Riobóo (Adestrador de formación en Club Estudiantes Lugo) e Enric González (Adestrador SESE Básquet Barcelona. Ex Seleccionador Minibasket Federación Catalana de Baloncesto), os cales compatirán o seu tempo e experiencia con todos os participantes nesta nova cita.

O Taller comprenderá dúas sesións consecutivas que abrirá ás 11:00 h Angel Riobóo, e continuará, xa a partir das 12:30 h, Enric González.  

Inscrición
A inscrición neste “Taller Específico de Minibasket” debe realizarse vía FORMULARIO ONLINE. O prazo para completar a mesma estenderase ata o 29 de abril (12:00 h).

Validación

O alumnado de iniciación da Escola Galega de Adestradores terá nesta actividade unha das marcadas con asistencia obrigatoria na normativa oficial dos Cursos. Pola súa banda, aqueles adestradores que non teñan este condicionante poderán validad a súa participación por un total de oito horas de formación complementaria

.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram