“I Clínic Formación Continua CD Calasanz”

Clinic Formación Continua Baloncesto por CD Calasanz

CD Calasanz organiza o seu “I Clínic Formación Continua CD Calasanz”. O vindeiro mércores, 6 de decembro; no propio pavillón do colexio Calasanz, o club herculino ofrece esta proposta formativa de nivel e completa en canto á materia.

Encabezan a mesma, como relatores principais, Iago Mariñas (Seleccionador Galego Minibasket e Adestrador en Básquet Coruña) e Lino López (Adestrador BAXI Ferrol).

Ambos impartirán cadansúa sesión didáctica, no marco dunha programación que se completa cos seguintes horarios e máis actividades:

09:00 h. Recepción

09:30 h. Lino López – “Xogar ao Ritmo Elevado dende a defensa en formación”

11:00 h. Almorzo

11:30 h. Iago Mariñas – “Conceptos Ofensivos e ritmo en etapas Minibasket e Infantil”

13:00 h. Mesa Redonda.

A última actividade da xornada, a indicada mesa redonda, contará coa intervención de Francisco Souto Cobelo, Jorge Mosquera, Armando Polo e Marcos San Luis.

Inscrición

Todas aquelas persoas interesadas en tramitar a súa inscrición (15 euros) poden realizala a través da seguinte ligazón. 

Validación

O alumnado da EGA poderá computar a súa participación neste I Clínic de Formación Continua CD Calasanz  por un total de 10 HORAS de formación continua.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram