Galicia, líder na representación arbitral autonómica nos Campionatos de España de Clubs

árbitros FEB
Galicia é, xunto a Andalucía, a Federación que contará con maior representación arbitral  de categoría autonómica nos Campionatos de España de Clubs que se celebrarán a partir do mes de maio, e ata xuño, en diferentes localidades do territorio nacional.
A nosa arbitraxe estará representada nestas citas por un total de oito compañeiros colexiados CGAB. Eles son: Sergio Álvarez, Mateo Alvariño, Daniel Barreiro, Ignacio Garbayo, Víctor G. Wisniowski, Alberto Mayayo, Pedro Muñoz e Joana Pujadas.
 
Nesta temporada, a celebración en Galicia don total de tres Campionatos de España de clubs permitiranos desfrutar en maior número da representación do Comité Galego de Árbitros (CGAB), á que dende logo seguiremos na súa participación tanto en Compostela no #FEBCadeteF2024, como en Pontevedra no #FEBInfantilF2024  e en Betanzos no #FEBInfantilM2024. 
 
Dende aquí, e antes de comezar a experiencia deportiva, queremos desexar moita sorte a todos eles!.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram