Árbitros Galegos para o #KDTINF2024

Galicia contará con cinco colexiados do Comité Galego de Árbitros (CGAB) no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantís e Cadetes.

Sergio Álvarez, Javier Moya, Helena Paz, Iago Leal e Víctor G. Wisniowski foron designados pola Federación Española para dirixir os encontros que se celebrarán na Provincia de Huelva entre os vindeiros 3 e 7 do inminente mes de xaneiro.Sergio e Javier tomarán parte no Campionato Infantil, mentres que Helena, Iago e Víctor farán o propio na competición cadete.

Para os cinco será de novo unha ocasión perfecta na que seguir sumando aprendizaxe a alto nivel no ámbito nacional, e na que compartir experiencias deportivas con toda a expedición de xogadores e técnicos galegos e con compañeiros chegados de todos os comités arbitrais autonómicos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram