Nova Convocatoria Online para a formación en iniciación arbitral

Comité Galego de Árbitros (CGAB) activa nova convocatoria de Curso de Iniciación para árbitros e oficiais de mesa na súa modalidade ONLINE.

Esta oportunidade formativa contará cunha carga lectiva dun total de 22 horas nas que o alumnado entrará en contacto coas bases da arbitraxe e do traballo dos oficiais de mesa e farao combinando teoría e práctica. Serán 18 horas correspondentes á parte teórica e impartidas de xeito ONLINE e un total de 4 horas de prácticas, xa de carácter presencial.

A fase teórica, con aulas virtuais, terá lugar os días 29, 30 e 31 de xaneiro (de 17:00 h a 21: 00 h). A quenda práctica realizaranse en datas posteriores e sede a determinar polo comité zonal ao que pertenza cada alumno.

Inscrición
A participación neste Curso de iniciación presenta unha cota previa de inscrición de 100 euros, que inclúen seguro deportivo obrigatorio por Lei e Licenza na Federación Galega de Baloncesto.

A inscrición debe realizarse vía FORMULARIO ONLINE. O prazo para tramitar a mesma comprende ata o 28 de xaneiro.

A guía detallada da convocatoria xa pode consultarse.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram