Lalín acolle un novo Curso de Iniciación Arbitral 

O Comité Galego de Árbitros, en colaboración co Concello de Lalín, o Club Basket Deza e a Asociación de Empresarios do Deza promoven un novo curso de iniciación para árbitros e oficiais de mesa.

A convocatoria realizarase en formato presencial os vindeiros días 11 e 12 de novembro no propio Concello de Lalín, contando cunha carga lectiva dun total de 12 horas de formación nas que entrar en contacto coas bases da arbitraxe e das tarefas dos oficiais de mesa.

AS 8 horas correspondentes a parte teórica impartiranse repartidas entre o sábado, 11 de novembro; no Pavillón Municipal; e o domingo, 12 de novembro; na Aula de Formación da Asociación de Empresarios Deza

As 4 horas restantes, de carácter eminentemente práctico, realizaranse en datas posteriores, as cales se concretarán a través do comité arbitral zonal. Esta formación realizarase de xeito diferenciado para árbitros e oficiais de mesa.

Inscrición

O Curso de Iniciación CGAB ten unha cota de inscrición de 25 euros, os que, de superar o curso, incluirán xa o pago da licencia arbitral FGB.

Todas as persoas interesadas en tramitar a súa inscrición poden facelo a través de FORMULARIO ONLINE. O prazo para cubrir este proceso permanece xa aberto e pecharase o vindeiro día 9 de novembro.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram