Novo Curso de Iniciación da man da Deputación de Ourense

A Deputación de Ourense e a Federación Galega de Baloncesto, en colaboración directa, activan nova convocatoria de Curso de Adestradores en nivel INICIACIÓN, con sede, neste caso; na cidade de Ourense.

Compaxinando formación online e presencial, e co Pazo dos Deportes “Paco Paz” como sede para esta última, ambas entidades suman esforzos para poñer en marcha esta nova oferta didáctica, canalizada a través da Escola Galega de Adestradores da propia FEGABA.

A Formación Online abrirá esta edición do curso, realizándose a través da Campus virtual FGB co seguinte programa de aulas:

Pola súa banda, a Fase Presencial terá lugar os días 15 e 16 de xuño no cun horario completo que se estenderá de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 22:00 h nas dúas datas.

Inscrición

A inscrición pode realizarse por dúas vías en función de diferente casuística:

  • As persoas que se inscriban e abonen o curso de xeito particular e individual deben tramitar o proceso a través da nova pasarela de pagos para as accións formativas.
  • Aqueles adestradores cuxa inscrición e abono da mesma se realice directamente a través da conta do club, deberán enviar o xustificante de pago e datos persoais correspondentes a adestradores@fegaba.com

A información completa correspondente a esta convocatoria, así como ao estadio formativo de INICIACIÓN pode consultarse AQUÍ.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram