A Escola Galega de Árbitros – ESGAR, en modo Olímpico

A Escola Galega de Árbitros (ESGAR) do noso Comité de árbitros vivirá neste inicio de maio unha das súas semanas didácticas máis intensas.

Baixo formato online, os seus alumnos e alumnas serán parte activa, en tres datas diferenciadas, dun seminario formativo da man dos tres árbitros españois designados na prelista dos Xogos Olímpicos de París.

Luis Miguel Castillo, Ariadna Chueca e Antonio Conde, compartirán tempo e experiencias cos árbitros integrantes da ESGAR, así como cos restantes colexiados CGAB que desexen participar e o soliciten vía mail a arbitros@fegaba.com.

Cada un dos tres protagonistas afondará nunha temática, abrindo o seminario este martes, 7 de maio; Luis Miguel Castillo coa “Preparación arbitral en partidos e torneos” como punto de partida.

O calendario da programación completarase do seguinte xeito:

09/05/24 – 19:30 h / Aridna Chueca: ” Mecánica e Técnica Individual FIBA”. 

10/05/24 –  19:30 h / Antonio Conde: “Comunicación cos participantes. Control de partido”. 

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram