Cee, sede para un novo curso de iniciación arbitral

Curso iniciación á Arbitraxe Federada en Baloncesto

O Comité Galego de Árbitros (CGAB), en colaboración co Concello de Cee e a Asociación Comarcal Baloncesto Costa da Morte, abre unha nova convocatoria de Curso de Iniciación para árbitros e oficiais de mesa.

Esta oportunidade formativa contará cunha carga lectiva global dun total de 30 horas nas que o alumnado entrará en contacto coas bases da arbitraxe e do traballo dos oficiais de mesa e farao combinando teoría e práctica. Serán oito horas correspondentes á parte teórica e impartidas de xeito presencial e un total de 22 horas de didáctica práctica e remunerada.

A fase teórica terá lugar este sábado e domingo, 9 e 10 decembro; de 10:00 h a 14:00 h nas instalacións do Antiguo Instituto Raíces de Cee. Pola súa banda, a quenda práctica realizarase en datas posteriores, en partidos reais da propia FGB, e a concretar a través do comité arbitral coruñés.

Inscrición
A participación neste Curso de iniciación presenta unha cota previa de inscrición de 25 euros, os que, de superar a actividade, incluirán xa o pago da licenza arbitral no CGAB.

A inscrición debe realizarse vía FORMULARIO ONLINE. O prazo para tramitar a mesma esténdese ata este venres, 8 de decembro (ás 14:00 h)

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram