Os Campionatos de España Júnior xa teñen grupos de primeira fase e calendario 

A falta de confirmar o roster definitivo de equipos, o Campionato de España Júnior Masculino e Feminino de Huelva xa teñen calendario de competición. Sorteáronse este martes, 16 de abril; na sede da FEB os oito grupos de cada cita e o calendario da primeira fase.
 
Serán 32 equipos masculinos e 32 femininos, divididos en oito grupos de catro equipos. A falta dalgunha final autonómica que se xogará esta fin de semana, xa é público o calendario e os grupos de primeira fase do Campionato de España Júnior Masculino e Feminino, que se disputará en Huelva do 28 de abril ao 4 de maio.
 
Neles, representando ao Baloncesto Galego, estarán Obradoiro CAB Peleteiro e Cafés Candelas Ensino, en categoría masculina; e Celta Zorka Recalvi e. de novo, Cafés Candelas Ensino; na feminina. 
 
O sistema de competición será o mesmo das últimas tempadas. Catro grupos (A, B, C e D) de cabezas de serie con catro participantes e tres pasaportes aos oitavos de final. E outros catro (E, F, G e H) nos que só o líder loitará polo título. Tres días de liga regular e outros catro de eliminatorias directas (oitavos, cuartos, semis e final).
 
CATEGORÍA MASCULINA
Grupo A: 1º CAT, Fundación 5+11, Canterbury School e CB Novaschool.
Grupo B: 1º MAD, Cajasiete Canarias, Real Betis e F. Bilbao Basket.
Grupo C: 1º ARA, 2º CAT, 2º MAD e Obradoiro Peleteiro.
Grupo D: 1º VAL, Unicaja Andalucía, UCAM Murcia e 3º CAT.
Grupo E: 2º VAL, Iveco R. Valladolid, Cafés Candelas Ensino e Melilla C.D.
Grupo F: 3º MAD, 3º VAL, 1º CLM, Aranguren Mutilbasket.
Grupo G: B. A Frecha, Medio Cudeyo Rojo, San Josep e Ceuta Base.
Grupo H: Vitaly A Mar, 2º ARA, Oviedo CB e Logrobasket.
 
CATEGORÍA FEMININA
Grupo A: Gran Canaria, Ponce Ginemédica, 3º CAT e Ciudad Molina Basket.
Grupo B: 1º MAD, Xestión e Calor Cordobasket, SPAR G. Canaria e Celta Zorka Recalvi.
Grupo C: 1ª VAL, 1º CAT, 2º MAD e Perfumerías Avenida.
Grupo D:Unicaja Andalucía, 2º CAT, 1ª ARA e Cafés Candelas Ensino.
Grupo E: Náutico Tenerife Ull , Megacalzado Ardoi, 2ª ARA e 3º MAD.
Grupo F: Unibasket, CAB Ambiental Estepona, CB Ao-Qázeres e La Salle Melilla.
Grupo G: FS Groupe Araba, CTEIB Andratx, 3º VAL e 1º CLM.
Grupo H: 2º VAL, Easo Ibaeta Plagamania, Calasanz e Ership ADBA Sanfer.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram