Regresa o Clínic “Deputación de Ourense”

Esta cita, organizada pola Deputación de Ourense e a Federación Galega de Baloncesto a través da Escola Galega de Adestradores (EGA), alcanzará no mes de xuño a súa 24ª edición, sendo unha das citas máis importantes das últimas décadas para os técnicos deste deporte.

O Pazo dos Deportes “Paco Paz” albergará, os vindeiros 28, 29 e 30 de xuño, o XXIV Clínic Deputación de Ourense, organizado pola institución provincial e a Federación Galega de Baloncesto a través da Escola Galega de Adestradores (EGA), aumentando deste xeito, o legado dunha cita de prestixio que foi durante máis de dúas décadas un evento ineludible para os técnicos de toda Galicia, do territorio nacional e mesmo internacional.

Toda a información sobre este evento pódese seguir nas redes sociais do mesmo e na súa páxina web www.clinicbaloncestodeputacionourense.com 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram