A EGA abre o 2024 con novo curso de iniciación

Nova convocatoria para a formación en INICIACIÓN para adestradores na Delegación FGB en Vigo. A Escola Galega de Adestradores (EGA), activa este curso, que abrirá o ano 2024 para este nivel didáctico.

A estrutura do curso realizarse do xeito marcado pola propia EGA nesta temporada 2023 – 2024, combinando formación de carácter presencial con aulas en formato virtual.

A parte presencial terá lugar os días 20 e 21 de xaneiro de 2024 con sede no Colexio Acacias. A Formación online, pola súa parte, iniciarase o 16 de xaneiro.

As clases online realizaranse a través da Plataforma Formación FGB. As mesmas serán de asistencia obrigatoria, en horario de 20:00 h a 22:00 h e co seguinte calendario: 16/01/24, 17/01/24, 18/01/24, 23/01/24, 24/01/24 e 25/01/24 (nesta última data realizaranse exames)

Inscrición

A inscrición debe realizarse a través de FORMULARIO OFICIAL. Poderase tramitar a mesma remata o próximo 12 de xaneiro (ás 12:00 h).

Toda a información pertinente ao respecto da formación, a carga lectiva e o proceso pode consultarse nos seguintes documentos.

Guía Didáctica Nivel Iniciación
Normativa Cursos Iniciación

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram