Escola Galega de Adestradores: convocatoria activa para o “Obradoiro Específico de Minibasket”

Esta actividade encádrase no calendario de eventos formativos que a Escola Galega de Adestradores promove esta temporada 23 – 24, e que son válidos para o cumprimento da Formación Complementaria dos Cursos de Adestradores FGB.

Actívase a convocatoria 23 – 24 do “Obradoiro Específico de Minibasket”. A Escola Galega de Adestradores, en colaboración co CB Brión e co Concello de Brión; pon en marcha unha nova edición de este evento formativo, dirixido aos adestradores e adestradoras galegas.

Co Polideportivo Municipal como sede, o “Obradoiro Específico de Minibasket” trae consigo a posibilidade de participar de dúas sesión prácticas a cargo de Javier Varela, Seleccionar Galego Infantil feminino e adestrador en CB Brión; e Iago Mariñas, Seleccionador Galego Minibasket Feminino e técnico en Básquet Coruña.

O Obradoiro dará inicio ás 10:30 h coa primeira das charlas, marcando as 12:00 h para o comezo da segunda:

10:30 h – “O Balón manda: construción ofensiva en Minibasket”. Iago Mariñas. 

12:00 h – “Estruturar sesións en Minibasket: básicos defensivos”. Javier Varela. 

Validación
Esta convocatoria 23 – 24 do “Obradoiro Específico Minibasket” poderase computar como actividade necesaria para os alumnos dos Cursos da Escola Galega de Adestradores ou como 8 HORAS de Formación Complementaria.

Inscrición

O prazo para completar a mesma remata o martes, 10 de outubro, ás 13:00 h.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram