Campionatos Galegos 3×3 2022 – 2023: Inscrición e información

A Federación Galega de Baloncesto continúa a súa aposta polo 3×3 e convoca o Campionatos Galego de Clubs 3×3 en Categoría U17 e os Campionatos Galegos 3×3 U13 e U15. 

Con motivo da posta en marcha pola Federación Española de Baloncesto dos Campionatos de España nestas tres categorías, a FGB estrea por primeira vez cometicións federadas autonómicas nesta disciplina.

A continuación remitimos circulares informativas oficiais cos detalles relativos a inscrición, formato e a propia competición. Así mesmo, podedes facernos chegar as vosas dúbidas vía mail a 3×3@fegaba.com

Campionato Galego Clubs 3×3 – U17 – Prazo para o remate da inscrición: 10/04/23

Normativa Campionato 3×3 U17

Campionato Galego  3×3 – U15 e U13 – Prazo para o remate da inscrición: 24/04/23

Salientar que, en cada campionato, os equipos poderán elixir se participan nunha única data das fases previas indicadas, ou nas dúas. 

3x3 Facebook 1

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram