Nova convocatoria no nivel iniciación da man da Escola Galega de Adestradores

A Escola Galega de Adestradores (EGA) activa novo curso de iniciación, neste caso con sede na Delegación FGB en Santiago.

A estrutura didáctica levarase a cabo intercalando aulas presenciais e clases online, sendo estas últimas as encargadas de abrir a convocatoria.

A formación online realizarase a través da Plataforma Formación FGB. A mesma será de asistencia obrigatoria, en horario de 20:00 h a 22:00 h, e coa seguinte programación:

12/03/24
13/03/24
14/03/24
19/03/24
20/03/24
21/03/24 (data esta última para a realización dos exames).

A Fase Presencial do curso terá lugar nas instalación do CEIP Eduardo Pondal, estendéndose a mesma nos días 16 e 17 de marzo.

Inscrición
A inscrición pode tramitarse vía FORMULARIO ONLINE, permanecendo activo o mesmo ata o próximo 6 de marzo.

A información ao detalle ao respecto da formación e a carga lectiva pode consultarse na seguinte documentación:

Guía Didáctica Nivel Iniciación
Normativa Cursos Iniciación

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram