Allariz, escenario para un novo “Seminario Monográfico” para adestradores

Nova convocatoria formativa baixo a estrutura da Escola Galega de Adestradores (EGA). Apostando de novo polo formato “Seminario Monográfico”, e grazas á colaboración do Concello de Allariz e do CB Allariz, a EGA ofrece unha posibilidade diáctica máis para os adestradores e adestradoras galegas.

A cita será o vindeiro 25 de febreiro con sede no Pavillón Municipal da vila e con dobre programación de charlas:

16:30 h. David Bernárdez (Adestrador Axudante en Marín Peixe Galego – Liga EBA) – “Mellorando ao xogador/a: integrar o traballo individual no colectivo”. 

18:00 h. Antonio Pernas (Adestrador Duran Maquina Ensino – Liga Feminina Endesa) – “Etapas na construción defensiva dun equipo”.

Inscrición
A solicitude de participación no Seminario pode realizarse vía FORMULARIO ONLINE. O mesmo estará dispoñible ata o vindeiro 21 de febreiro (12:00 h).

Validación
A participación nesta nova proposta, que entra dentro das actividades de asistencia obrigatoria para os alumnos dos Cursos de Iniciación da Escola Galega de Adestradores, poderase validar por un total de 8 HORAS de formación complementaria para os restantes participantes que non se atopen nese estadio formativo.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram