A Escola Galega de Adestradores (EGA) fai balance do primeiro trimestre de traballo

O Director da Escola Galega de Adestradores, Carlos Colinas; e o seu xefe de Estudos, Chete Pazo; reuníronse co Presidente FGB; Julio Bernárdez e a Directora Xeral, Susana Fernández, para valorar e seguir marcando os pasos da programación formativa dos adestradoras e adestradoras galegas nesta temporada 2023 – 2024.

A Escola Galega de Adestradores vén de abrir dende o pasado mes de agosto unha nova etapa na FGB, e coa realización de dous cursos de iniciación (Vilagarcía e Lugo/Ferrol) e a primeira convocatoria de Nivel 1, teñen xa establecido O rumbo polo que continuar o seu traballo.

Así o expuxeron ante a dirección FGB, a cal, a través do Presidente, lles agradeceu a súa labor, materializada cuns “parámetros de calidade e excelencia, tanto na forma como na operativa. Un proceder que outorga prestixio á parcela académica FGB”.

Calendarización

Nesta liña, e co obxectivo de ampliar todo o posible á marxe formativa – temporal dos adestradores galegos, a Escola Galega de Adestradores ratificou nesta xuntanza a súa programación para os vindeiros meses.

Esta inclúe a inminente convocatoria dun novo Curso de Nivel 1, que se celebrará en formato semipresencial entre os meses de xaneiro e abril de 2024. O prazo de inscrición abrirase en decembro e non existirá requisito de antigüidade na posesión do obrigatorio título de iniciación.

Con respecto á titulación en Nivel 2, dende a EGA confírmase que a convocatoria do curso correspondente celebrarase na vindeira temporada 2024 – 2025.

Finalmente, no tocante aos Cursos de Iniciación e actividades de formación complementaria, indicar que se confirmarán coa antelación precisa para favorecer a participación de todos o alumnado interesado.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram