A EGA abre decembro co “Clínic Formativo Porriño”

A Escola Galega de Adestradores (EGA), en colaboración directa co Concello de Porriño e co Porriño Baloncesto Base, convoca o “Clínic Formativo – Porriño”, actividade que reunirá o vindeiro seis de decembro, na indicada localidade, a catro relatores de auténtico nivel.

Jota Cuspinera, Gonzalo Rodríguez (Monbus Obradoiro), Patri Cabrera (Universitario Ferrol) e Alberto Corbacho (CB Culleredo) serán os protagonistas da cita, dirixida a adestradoras e adestradores galegos e incluída no calendario de eventos formativos da EGA para esta temporada 2023 – 2024.

Co Centro Cultural Porriño (na quenda de mañá) e o Pavillón Municipal de Porriño (para as sesións da tarde) como escenario, o “Clínic Formativo – Porriño”  ofrecerá unha xornada completa de charlas, combinando a teórica coa práctica, e baixo a seguinte programación.

12:30 h a 14:00 h – Jota Cuspinera: “Programación e Planificación adaptada a distintos escenarios”.

16:00 h – Patricia Cabrera e Alberto Corbacho: “O tiro: proceso e rexistros no seu desarrollo”.

17:30 h  – Gonzalo Rodríguez: “O pase: detalles e proposta metodolóxica”.

19:00 h – Jota Cuspinera: “Vivir e producir desde o interior”.

Inscrición
A inscrición neste “Clínic Formativo Porriño” será de carácter gratuíto, debendo tramitarse vía FORMULARIO ONLINE, xa dispoñible. O prazo para completar a mesma vence o próximo catro de decembro. Nesta ocasión, non existirá límite de prazas para participar.

Validación

O alumnado da EGA poderán computar a súa presenza íntegra no Clínic como unha das convocatorias de carácter obrigatorio que se esixen na normativa correspondente aos cursos.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram