Activa nova Convocatoria do Curso de Adestradores Nivel 1

  • O Proceso de preinscrición ábrese o vindeiro luns, día 11 de decembro; e estenderase ata o día 23.
  • A formación iniciarase en xaneiro coas aulas presenciais, realizándose posteriormente o curso a través do Campus Online da Escola Galega de Adestradores.
  • A Fase Presencial do curso terá lugar nos Concellos de Marín e A Estrada, en datas diferenciadas.

A Escola Galega de Adestradores abre a segunda convocatoria federativa da temporada para o Curso de Nivel 1.

O Curso iniciarase no mes de xaneiro con catro datas de aulas presencias (13 e 14 de xaneiro e 10 e 11 de febreiro) celebrándose as primeiras na Residencia San Narciso en Marín e, xa en febreiro, no Pavillón Manuel Coto Ferreiro e na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) de A Estrada.

Tras o paso pola fase presencial, o curso completarase de xeito online, a través da plataforma formativa FGB e estendéndose ata o mes de abril. 

En ambos os casos, aulas físicas e online, a asistencia será de carácter OBRIGATORIO. 

Inscrición

As prazas dispoñibles para optar a esta nova convocatoria de Nivel 1 son un total de 110, debendo cumprir os aspirantes os seguintes requisitos básicos:

– Ter un mínimo de 16 anos.

– Estar en posesión de un título de graduado en educación secundaria, ou equivalente ou superior.

– Estar en posesión do título de adestrador de nivel 0 expedido pola Federación Galega de Baloncesto e acreditalo co documento correspondente.

A admisión das matrículas realizarase por estrita orde de chegada da solicitude coa documentación completa (título e xustificante de pago), e sempre que o alumnado cumpra os requisitos anteriores.

O prazo de inscrición ábrese o luns 11 de decembro (10:00 h AM) e estenderase ata o vindeiro 23 de decembro (12:00 h AM). A cota de inscrición por persoa é de 400 €, correspondentes estritamente á formación.

Todos os requisitos e FORMULARIO para levar a cabo a preinscrición permanecen dispoñibles na súa propia SECCIÓN WEB

Pola súa banda, os detalles lectivos reflíctense na GUÍA DIDÁCTICA correspondente.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram