Coruña, novo destino para os Cursos de Iniciación da Escola Galega de Adestradores

A Escola Galega de Adestradores (EGA) activa nova convocatoria de Curso para o nivel INICIACIÓN, con sede, neste caso; na Delegación FGB da Coruña. 

A Formación Online abrirá esta edición do curso, realizándose a través da Plataforma Formación FGB coa seguinte programación:

21/05/24  (20:00 h a 22:00 h).
22/05/24 (20:00 h a 22:00 h).
23/05/24 (20:00 h a 22:00 h).
28/05/24 (20:00 h a 22:00 h).
29/05/24 (20:00 h a 22:00 h).
30/05/24 (20:00 h a 22:00 h)

A asistencia a todas as aulas online será de carácter obrigatorio, celebrándose os exames na xornada final (30/05/24)

Pola súa banda, a Fase Presencial terá lugar os días 25 e 26 de maio no Colexio Liceo La Paz cun horario completo que se estenderá de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 22:00 h nas dúas datas.

A sede física do curso confirmarse en breve espazo de tempo.

Inscrición
A inscrición pode tramitarse vía FORMULARIO ONLINE, permanecendo activo o mesmo ata o vindeiro 13 de maio (12:00 h).

Na seguinte documentación oficial da Escola Galega de Adestradores remitimos a información completa relativa a este estadio formativo, á formalización da inscrición e á carga lectiva.

Guía Didáctica Nivel Iniciación
Normativa Cursos Iniciación

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram