“Aula Formativa Online” da man da Escola Galega de Adestradores

Nova convocatoria formativa da man da Escola Galega de Adestradores. Ampliando a súa programación de eventos didácticos computables para a formación complementaria, promove unha “Aula Formativa Online”.

Este encontro virtual contará con David Ortega, Director de Formación da Federación Andaluza de Baloncesto;  como guía e relator principal baixo a temática “Estratexia e contidos para modelar unha escola de minibasket”.

A charla terá lugar o vindeiro 23 de novembro ás 20:15 h e materializarase a través da conta da Escola Galega de Adestradores na Plataforma ZOOM.

Validación

A participación nesta “Aula Formativa On Line” poderá validarse para os alumnos dos Cursos da EGA por un total de 4 horas de Formación Complementaria ou pola asistencia a 1 PDC.

Inscrición

Proceso xa PECHADO.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram