Paula Lema, designada para a LXII Copa da Raíña

A nosa colexiada CGAB Paula Lema estará na LXII Copa da Raíña. A árbitra coruñesa formará parte do grupo de 12 colexiados que dirixirá encontros no marco da Copa da Raíña na súa edición 2024, cita que terá lugar en Huelva entro o 21 e 24 de marzo.

A Federación Española de Baloncesto comunicou este venres, 16 de febreiro; as designacións para esta fase final, completándose estas do seguinte xeito:

Paula Lema.

Eva Areste.

Héctor Báez.

Ariadna Chueca.

Ángel de Lucas.

Igor Esteve.

Carlos García.

Juan Ramón Hurtado.

Fernando Ibáñez.

Enrique López.

Jesús Martínez.

Antonio Martínez.

Como comisarios participarán Francisco Javier Centeno, Mariano Palomo e Ángel Pérez.

Galicia en Huelva

Nunha ocasión máis, a arbitraxe galega contará coa representación de Paula Lema nunha cita de alto nivel deportivo como o é a Copa da Raíña, na que a coruñesa xa tomou parte en cinco roldas anteriores: Zaragoza 20218, Salamanca 2020, Valencia 2021, Valencia 2022 e Zaragoza 2023. 

Na presente edición, o noso Baloncesto sumará ademais a participación de BAXI Ferrol na loita polo título, e das propias ferrolás, Cafés Candelas Ensino e Celta Zorka Recalvi na Minicopa. Esta última celebrarase de xeito paralelo á máxima competición sénior.

Os nosos Parabéns, Paula! E a todos os nosos equipos que poderán vivir esta experiencia desfrutando na pista!

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram