Chega o ecuador da temporada co Clínic de Nadal CGAB

O Comité Galego de Árbitros vivirá este sábado, 23 de decembro: unha cita xa tradicional nestas datas e que marca o ecuador da temporada: O Clínic de Nadal.

Será unha dobre cita, con convocatoria para árbitros FEB, Grupo 1, dispoñibles e Sub 23 por unha parte, e con sesión tamén para os oficiais de mesa FEB e ACB.

Con sede en Santiago de Compostela e en horario de tarde, a programación en ambos os casos é a seguinte:

Clínic Arbitral – CGAB

Dirixe: Miguel Ángel Pérez Pérez, Director Técnico Comité Galego de Árbitros. 

Ubicación: Instituto Rosalía de Castro

15.30 h – 16.00 h: análise situacións de xogo reflectidas en informes arbitrais.

16:00 h – 16:30 h: vídeo test.

16:30 h -17:00 h: revisión de criterios.

Ubicación: Pavillón Municipal de Pontepedriña

17:30 h -19: 00 h: probas físicas.

Clínic Oficiais – CGAB

Dirixe: Noelia Rodríguez, Formadora Oficiais de Mesa CGAB

Ubicación: Instituto Rosalía de Castro

17:00 h – 17.30 h: Videotest.

17.30 h – 19.00 h:  Revisión unificación criterios.

Agradecer a colaboración do Concello de Santiago e de FEDESA por acoller as diferentes actividades.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram