Dous colexiados galegos, presentes na Copa do Rei ACB 2024

Miguel Ángel Pérez Pérez e Carlos Cortés están a tomar parte do grupo de colexiados que, desde este xoves, 15 de febreiro; dirixen en Málaga os partidos da Copa do Rei ACB 2024. 

Tanto o Director Técnico do Comité Galego de Árbitros, Miguel Ángel Pérez; como Carlos Cortés, son garantía para unha competición, a Copa, na que atesouran unha ampla experiencia.

Abriu a achega galega Miguel Ángel Pérez no duelo de cuartos de final do xoves, 15 de febreiro; entre Dreamland Gran Canaria e Valencia Basket. E a estrea de Carlos nesta edición chegará esta tarde de venres no enfrontamento Barça – BAXI Manresa. 

Un orgullo para o Baloncesto Galego contar coa representación de ambos, de auténtica elite!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram