Inscrición activa para o Campionato Galego de Clubs 3×3 U17

A Federación Galega de Baloncesto convoca a edición 2024 do Campionato “Xunta de Galicia” de Clubs na modalidade 3×3 e en categoría U17.

Esta competición autonómica, que viviu o seu debut a tempada pasada, regresa nesta 2023 – 2024 cun formato similar, realizándose nunha ou varias fases, e baixo sistema de concentración. Os equipos que se proclamen líderes galegos obterán a clasificación para o Campionato de España, cita a celebrar en Andalucía entre o 14 e o 16 de xuño.

Os Clubs interesados en participar poderán tramitar a súa inscrición ata o 24 de abril. Os requisitos para realizar este proceso detállanse, por completo, na Circular FGB Nº 18 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram