3×3 “Rapa das Bestas” no Concello de A Estrada

EDM Baloncesto A Estrada e Concello de A Estrada, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto: organizan o 3×3 “Rapa das Bestas”.

O vindeiro sábado, 8 de xullo; na Praza do Concello, celebrarase unha xornada de competición 3×3 dirixida á categoría sénior, tanto masculina como femenina.

O evento iniciarase as 10:00 h poñendo en xogo para cada categoría tres premios de carácter económico como un aliciente máis ao xa de por si atractivo 3×3.

Todos os interesados e interesadas en participar poden tramitar a súa inscrición e obter máis información a través do propio EDM Baloncesto A Estrada vía mail (edmaestrada@gmail.com) ou vía Whatsapp (609 85 59 70). A cota de participación é de 30 € por equipo, tendo este un tope máximo de 4 xogadores.

Esta actividade está incluída nos Convenios coas Federacións deportivas para a organización de competicións en materia de promoción da igualdade e inclusión no deporte federado.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram