Campionato FGB “Xunta de Galicia” de Clubs 3×3 U17

O recén chegado mes de abril configúrase como o definitivo para a inscrición no Campionato FGB “Xunta de Galicia” de Clubs 3×3 en categoría U17.

A segunda edición deste Campionato Galego realizarase no mes de maio en formato concentración, nunha ou varias fases e con sede a designar pola Federación. O Sistema de Competición adaptarase ao número de equipos participantes, e a normativa de xogo regularase polas Bases da Federación Española de Baloncesto.

Os Clubs interesados en participar poden tramitar a súa inscrición ata o 24 de abril, baixo as indicacións establecidas na circular oficial FGB Nº 18.

Os equipos que se proclamen Campións e Subcampións galegos nesta cita obterán a clasificación para o Campionato de España da categoría, a celebrar entre o 14️ e o 1️6 de xuño.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram