A I edición do torneo “3×3 Camiño a Compostela” achega o Baloncesto á Praza do Obradoiro

– O 3×3 “Camiño a Compostela”, que organizan a propia Federación Galega de Baloncesto co apoio do Concello de Santiago e a colaboración do Centro Comercial área Central; abriu esta tarde o seu programa da man dunha peregrinación á Praza do Obradoiro protagonizada por unha representación dos equipos que participarán na competición. 
– A Alcadesa da cidade, Goretti Sanmartín; e a Concelleira de Deportes, Pilar Lueriro; recibiron ao grupo á súa chegada ao Obradoiro.
– O torneo completarase este sábado e domingo, 2 e 3 de setembro, con competición 3×3 en diferentes categorías na Praza de Europa do Centro Comercial Área Central. 

O 3×3 “Camiño a Compostela” , torneo que organizan a propia Federación Galega de Baloncesto co apoio do Concello de Santiago; abriu este venres a súa fin de semana de actividades cunha peregrinación á Praza do Obradoiro. Na mesma tomou parte unha simbólica representación dos 69 equipos que durante todo o sábado e domingo, 2 e 3 de setembro; competirán e gozarán do baloncesto en modalidade 3×3

Encabezada polo Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, a peregrinación deportiva arrincou ás 18:00 h do Monte do Gozo. Os equipos participantes compartiron a baixada ata a Praza do Obradoiro co personal federativo, e foron recibidos no punto final pola Alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartin; e pola Concelleira de Deportes, Pilar Lueiro. 

Tamén recibiron ao grupo, o Concelleiro de Economía e Facenda, Manuel César; e Jesús Domínguez, Concelleiro de Sostenibilidade Ambiental.

 

A Directora Xeral FGB, Susana Fernández; Fixo entrega á Alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, da camiseta das nosas Seleccións Galegas

Sábado e domingo de Competición

O  “3×3 Camiño a Compostela” continuará este sábado, 2 de setembro, coa súa xornada central, na que se porán en xogo 24 equipos repartidos en dúas categorías mixtas: sénior e júnior e cadete e infantil. En ambos os casos, os gañadores veranse recompensados cun premio de 200 euros en material deportivo. Unha fase de grupos clasificatoria a unha volta, e as posteriores cruces, configurarán o formato de xogo.

O domingo, 3 de setembro, o “3×3 Camiño a Compostela” abrirase a todas as categorías, desde preminibasket ata sénior, nunha xornada de carácter lúdico na que non haberá competición estrita e reinará o bo ambiente. Un total de 45 equipos serán os protagonistas.

Neste caso, o 3×3 tamén será mixto e poderán participar equipos non presentes na xornada do sábado ou aqueles que desexen facelo en ambas datas.

En ambas as datas o escenario de xogo será a Praza de Europa do Centro Comercial Área Central, de 09:30 h a 20:30 h.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram