O 3×3 FGB “Camiño a Compostela” colle ritmo

– A competición do día 2 de setembro pecha a súa inscrición EN TODAS AS CATEGORÍAS ao chegar ao límite de 12 prazas establecidas en cada caso. 
Mantense aberta a inscrición en todas as categorías para a xornada do domingo, 3 de setembro. 

O 3×3 FGB “Camiño a Compostela” vai tomando forma. A Federación Galega de Baloncesto traballa xa na I Edición deste evento para o cal, conta coa colaboración directa do Concello de Santiago.

Os vindeiros 1, 2 e 3 de setembro, o 3×3 FGB e Compostela serán o protagonistas dunha cita con triple vertente:

Venres, apertura a pé.

A primeira xornada do 3×3 “Camiño a Compostela” permitirá peregrinar con nós ata o epicentro de Compostela, a Paza do Obradoiro.

En horario de tarde, xunto aos equipos participantes que así o indicaron no momento da súa inscrición para competir o sábado, poñeremos rumbo a Catedral para realizar a apertura dunha fin de semana completa.

Sábado, balón e premios en xogo

A xornada central do “3×3 Camiño a Compostela” será a do sábado, 2 de setembro.

Durante todo o día viviremos a competición 3×3 na Praza de Europa do Centro Comercial Área Central.

Poranse en xogo dúas categorías mixtas: Sénior e Júnior e Cadete e Infantil.

En ambos os casos os gañadores veranse recompensados cun premio de 200 euros en material deportivo.

Unha fase de grupos clasificatoria a unha volta e as posteriores cruces, configurarán o formato de xogo. Os equipos poderán estar conformados como máximo, de 4 xogadores. 

Domingo non competitivo

Na xornada do domingo, 3 de setembro; o “3×3 Camiño a Compostela” abrirase a todas as categorías (dende preminibasket ata sénior), nun marco non competitivo.

Esta xornada, de carácter lúdico, terá tamén lugar na Praza de Europa en Área Central, e non conta con límite de prazas para a participación. 

Os equipos poderán estar conformados como máximo, de 4 xogadores. 

Neste caso, o 3×3 tamén será mixto e poderán participar equipos non presentes na xornada do sábado ou aqueles que desexen facelo en ambas as datas.

Inscrición

Os equipos que desexen visitar Compostela e vivir con nós esta I edición do “3×3 Camiño a Compostela” xa teñen dispoñible toda a información correspondente e o FORMULARIO no que tramitar a súa inscrición de xeito gratuíto.

O prazo para completar as inscricións remata o 28 de agosto!

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram