I Torneo 3×3 “Concello de Boiro”

   

CB Santa Baia, Concello de Boiro e 12 SEGUNDOS organizan a primeira edición do Torneo 3×3 “Concello de Boiro”, unha cita que concentrará a varios dos equipos 3×3 máis prestixiosos do país para vivir esta competición puntuable en clasificación FIBA.

O I Torneo 3×3 “Concello de Boiro”, que conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, será tamén un aperitivo do vindeiro 1 de outubro, data na que a Liga 3×3 Indoor chegará a Boiro para abrir a tempada 2023-24.

O Torneo contará con cinco categorías de xogo, repartidas do seguinte xeito no calendario:

05/08/2023: Categorías U15 Mixto (de 2008 en adiante), U18 Masculino e Feminino (de 2005 en adiante) e Master Masculino e Feminino.
6/08/20023. Eliminatorias das categorías Master Masculino e Feminino

A competición na categoría U15 será mixta, podendo ser o equipos mixtos, masculino ou femininos, indistintamente. No resto de categorías aceptaranse equipos mixtos, pero xogarán sempre en categoría Masculina.

Premios

O I Torneo 3×3 “Concello de Boiro” contará con importantes alicientes para os mellores equipos. Uns recoñecementos que diferenciaranse segundo a categoría:

En categorías “Master” o equipo vencedor recibirá un premio de 500€, correspondéndolle un total de 200€ e 100€, ao subcampión e terceiro clasificado, respectivamente. No caso de non chegar a 12 equipos participantes, os premios serán proporcionais segundo o número de inscricións. 

Pola súa banda, os premios para as categorías U18M, U18F e U15 chegarán en forma de Material Deportivo

Inscrición

Todos os equipos e xogadores de categorías Master deberán realizarán a súa inscrición individual na plataforma FIBA 3×3. Unha vez realizada a mesma e efectuado seu pago, aprobarase ao equipo na competición.

Para as categorías U18M, U18F e U15 a inscrición deberá realizarse a través da seguinte LIGAZÓN OFICIAL que xestiona directamente a organización. Os equipos estarán formados por un mínimo de 3 xogadores/as e un máximo de 4.

A cota de participación para cada categoría é a seguinte:

U15 Mixto: 20 € por equipo.
U18 Masculino: 20 € por equipo.
U18 Feminina: 20 € por equipo.
Master Masculino: 60 €/equipo (Grupos e eliminatorias na Pista Principal da Federación Galega de Baloncesto).
Master Feminin0: 60 € por equipo (Grupos e eliminatorias na Pista Principal da Federación Galega de Baloncesto).

Sistema de Competición

O Torneo Open para a categoría Master contará con 12 equipos rexistrados. No caso de que haxa maior número de inscricións, o criterio para seleccionar aos 12 equipos será 8 por clasificación FIBA e 4 Wildcard.

Desputarán o Torneo distribuídos en 4 Grupos de 3, afrontando, posteriormente, os cuartos de final, as semis e a final.

Así mesmo, realizarase unha Final Four dos 4 equipos eliminados en fase de grupos que terá lugar o Domingo.

Esta actividade está incluída nos Convenios coas Federacións Deportivas para a organización de competicións en materia de promoción da igualdade e inclusión no deporte federado.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram