Baloncesto 3×3 en Palas de Rei

Asociación Drocer e Grupo 12, co patrocinio da Consellería de Política Social e Xuventude e a colaboración da Federación Galega de Baloncesto, Jim Sports e Café Candelas; o organizan o 3×3 “Palas de Rei”.

A cita terá lugar este sábado, 30 de setembro; nas instalacións de Jim Sports, no propio municipio de Palas de Rei. Orientada as categorías minibasket (u 12), infantil (u16) e júnior/sénior (2007 e anteriores), a competición poderá ser masculina e feminina – mixta.

Serán un total de 12 horas de baloncesto e bo ambiente, no que poderase tamén ser partícipe das “Xornadas de portas abertas de “Softee Sports Training club”, con diferentes actividades.

Inscrición

Todos os interesados e interesadas en participar poden tramitar a súa inscrición de xeito gratuíto e a través do acceso que se inclúe no propio cartaz.

A totalidade de inscritos contarán con agasallos e poderán desfrutar de opcións de ocio paralelas que completarán a experiencia: food trucks, música e animación, entre outras.

Esta actividade está incluída nos Convenios coas Federacións deportivas para a organización de competicións en materia de promoción da igualdade e inclusión no deporte federado.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram