– 72 partidos centraron a atención este sábado na Praza de Europa no Centro Comercial Área Central, escenario da primeira xornada do Torneo “3×3 – Camiño a Compostela”.
Resistindo a amenaza de choiva, o Baloncesto 3×3 foi o protagonista este sábado na Praza de Europa do Centro Comercial Área Central.
Deportistas, afeccionados e veciños desfrutaron da primeira das dúas xornadas do Torneo “3×3 – Camiño a Compostela”, organizado pola Federación Galega de Baloncesto co apoio do Concello de Santiago.
Os equipos participantes competiron en horario de mañá divididos en fase de grupos, e afrontaron xa pola tarde as roldas clasificatorias.
A partir das 19:30 h iniciáronse as finais en ambas as categorías de xogo, deixando o seguinte palmarés para a estrea do torneo:Fina3×3 Camiño a Compostela – 02/09/23
Categoría Senior/Júnior Mixta
Final: Enchino – Leal Maiz (8 -16)
Campión: Leal Mail.
Categoría Cadete/Infantil Mixta
Ke Bendisión -Campus Álex Llorca (8 – 7)
Campión: Ke Bendisión




A entrega de premios, na que tomaron parte a Alcaldesa do Concello De Santiago, Goretti Sanmartín; o Presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez; a representante do Partido Popular, Olalla Otero; e a Xerente do Centro Comercial Área Central, Sara Castedo; puxo o broche galardonado a cada equipo Campión cun premio de valorado en 200 euros en material deportivo.
O Domingo, máis 3×3!
Mañá, domingo, 3 de setembro; un total de 45 equipos reuniranse de novo no mesmo escenario para seguir gozando do 3×3 no marco deste Torneo. Neste caso, abrirase o xogo as categorías desde Preminibasket ata Sénior, tamén en formato mixto.