Presentado o A Coruña Open Herbalife 3×3 Series

Despois de vivir momentos tremendamente emocionantes, o circuíto Herbalife 3×3 Series encara xa a súa recta final, e faio nunha sede que xa visitou o ano pasado, A Coruña. A cidade galega repite como sede un ano máis, tras estrearse o ano pasado, e volve acoller unha cita que xa supuxo un éxito, tanto pola afluencia de público nas bancadas, como polo nivel que mostraron os equipos, que deixaron na Coruña algúns dos mellores momentos do circuíto 2022.

A presentación do A Coruña Open celebrouse na propia pista onde se disputarán os partidos, situada na explanada de Riazor, unha contorna espectacular, co mar adornando a montaxe habitual do circuíto, lugar onde, a partir desta mesma tarde, os dezaseis equipos masculinos e os dez femininos comezarán a batalla por levar o título e garantirse unha praza no Máster Final de Tenerife.

O acto contou coa presenza de Manuel Pérez, xefe de proxecto en Madison; Fernando Romay, exxogador da Selección Española de Baloncesto e embaixador da FEB; Jose Cobelo, directivo da Federación Galega de Baloncesto; Gonzalo Castro, concelleiro da área de Fomento e Promoción da cidade da Coruña; e Manuel Vázquez, concelleiro de Deportes, ambos en representación do Concello.

Manuel Pérez agradeceu o seu apoio ao Concello da Coruña e confía en que a sede se convirta nunha parada habitual do circuíto, mentres que Fernando Romay, como representante da Federación Española de Baloncesto, lembrou os seus inicios no deporte na cidade da Coruña, e puxo énfase no crecemento do 3×3 os últimos anos. Jose Cobelo, pola súa banda, remarcou a importancia de contar con eventos deste nivel para o baloncesto galego.

Por último, Gonzalo Castro e Manuel Vázquez deron a benvida ao torneo, e congratuláronse de poder acoller un torneo estas características, nunha contorna tan idílico, coa praia de Riazor e as espectaculares vistas da cidade da Coruña como fondo.

A parada da Coruña, que será a última con carácter Open da tempada, antes do desexado Máster Final, contará con algunhas das grandes figuras habituais do circuíto, como Nacho Martín ou Guille Mulero, xogadores de Básquet Girona e Azuqueca 3×3, ou a internacional española de 3×3, Cecilia Muhate, que debuta no circuíto 2023 tras un intenso verán, cheo de compromisos coa Selección.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram