Regresa a “Plataforma de Mellora do Adestrador Galego”

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Área de Adestradores, reactiva o formato de traballo coñecido comoPlataforma de Mellora do Adestrador Galego”. Co obxectivo de actualizar os escenarios formativos que a FGB ofrece actualmente aos adestradores máis novos renace este proxecto, posto en acción no ano 2014 e que agora atopa continuidade con características renovadas. 

Estrutura e obxectivos

A “Plataforma de Mellora do Adestrador Galego 2018 – 2019” reactívase como un foro de carácter pechado que busca, como máximo, realizar unha titorización e seguimento bidireccional formativo a un máximo de 16 técnicos que presenten persoalmente a súa candidatura para ser parte deste proxecto, e que cumpran os requisitos establecidos para o mesmo.

A primeira sinal de identidade desta Plataforma de Mellora do Adestrador Galego” ven da man do que será o seu principal coordinador: o adestrador superior e home de ampla experiencia no campo da docencia e da xestión de entidades deportivas, Chete Pazo. Da súa man, e coa colaboración de técnicos vinculados a “Escola Galega de Adestradores”, realizarase unha labor que busca que os compoñenete definitivos da plataforma teñan unha áncora específica máis na que apoiar a súa formación, sendo ademáis punto de encontro e debate exclusivo con outros compañeiros.

Candidaturas: prazo aberto

Todos os adestradores interesados en presentar a súa candidatura deberán enviar a súa solicitude á FGB vía mail (adestradores@fegaba.com), antes do vindeiro 10 decembro, e sempre que cumpran os requisitos esixidos para poder tramitar esta acción completamente de balde. A explicación en detalle dos mesmos, así como o documento oficial para facer chegar as solicitudes poden consultarse nos documentos que se achegan.

Plataforma Mellora Adestrador: Bases e requisitos
Plataforma Mellora Adestrador: Formulario de inscrición

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram