O CAD Manuel Peleteiro – FGB despide a temporada

O “CAD Manuel Peleteiro – FGB” pon o peche este sábado, 22 de xuño; ao seu primeiro ano de vida. Os 32 alumnos deste Ciclo Inicial de Grado Medio que  Federación Galega de Baloncesto e o Colexio Manuel Peleteiro puxeron en marcha nesta temporada, vivirán a súa xornada final do curso cunha nova sesión formativa con dous protagonistas diferenciados.

Da man de Martina Ares, Pedagoga e profesora da Universidade de Vigo; e Miguel Angel Hoyo, Adestrador Baskonia (LEB PLATA); os integrantes do CAD serán partícipes de dúas charlas de temática concreta que se estenderán ao longo da mañá:

(10.30 h) Martina Ares (Pedagoga e profesora da Universidade de Vigo): “Inclusión dos TDH no adestramento”
(11.45 h) Miguel Angel Hoyo (Adestrador Baskonia- LEB PLATA): “Construcción táctica ofensiva en formación”.

Estas dúas intervencións, nas que haberá tempo para compartir impresións e presentar dúbidas, clausurarán a actividade do vixente curso e darán paso a unha breve presentación do que será a vindeira temporada para o CAD, etapa que xa mantén ABERTO O SEU PRAZO DE INSCRICIÓN. 

Convidados de excepción
Todos aqueles alumnos e alumnas que na presente temporada 2018 – 2019 tomaran parte dos cursos de iniación FGB están convidados a participar nesta xornada de clausura, na cal poderan, ademais de participar nas charlas e coñecer os detalles do novo curso escolar do CAD, validar a súa presenza por un total de 6 horas de formación complementaria.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram