O CAD Manuel Peleteiro – FGB avanza con paso firme

O CAD Manuel Peleteiro – FGB suma o segundo mes de vida como proxecto formativo oficial en formato Ciclo Inicial de Grado Medio para adestradores, e faino cumprindo co programa establecido e gañando a confianza dos seus 33 alumnos.

CAD Peleteiro FGB: Galería de Imaxes

A nova mostra da súa evolución chegou co inicio do mes de novembro, data escollida para a celebración da segunda quenda de clases presenciais do Curso. Con sede nas instalación do Colexio Manuel Peleteiro, o CAD procedeu a unha nova secuencia de aulas guiadas nesta quenda por Cristino Menor (módulo formación) e Ana Martínez (Primeiros Auxulios). Estas dúas áreas temáticas complementaronse ademais cun obradoiro práctico específico sobre vendaxes, no que os alumnos se involucraron de xeito activo colaborando coa resposnable de mesmo, a fisioterapeuta santiaguesa, Marta Rodríguez.

cadn1

Próxima convocatoria

O CAD volverá a reunir de xeito presencial aos seus intengrantes os vindeiros 6 e 7 de decembro. Neste acaso afrontarán a derradeira secuencia de aulas do módulo de Formación, de novo con Cristino Menor; e estrearán os Módulos de Bases do Comportamento deportivo, a cargo de Nicolás Patiño; e de Adestramento co técnico de A.D. Cortegada, Rubén Domínguez. E, mentras esta cita non chega, o escenario principal para este Ciclo Inicial segue a ser o Campus Online FGB, ferramenta en continua actualización de contidos. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram