Masterclass e Seminario Específico para os alumnos do CAD Manuel Peleteiro – FGB

Nova quenda de clases presenciais para os alumnos do “CAD Manuel Peleteiro – FGB”. O Ciclo Inicial de Grado Medio para a formación en Baloncesto que dirixen o colexio Manuel Peleteiro e a FGB reúne aos seus integrantes esta fin de semana, 2 e 3 de febreiro; en Compostela (instalacións do propio Colexio Manuel Peleteiro), para afrontar unha nova dobre sesión formativa cun compoñente extra en forma de clases complementarias de temática específica.

Así, de xeito paralelo ao seu calendario xeral de aulas e exames, os alumnos desfrutarán de dúas citas especiais baixo o formato de Seminario e MasterClass.

A primeira delas terá lugar o domingo, día 3 (10.00 h); a cargo do colexiado galego da Liga Endesa, Jacobo Rial; quen impartirá un seminario específico sobre Regras de Xogo.

A continuación, e completando a mañá do domingo (12.00 h a 14.00 h), o eixo temático que recollerá o protagonismo será o da parcela física, neste caso da man da Fisioterapeuta e membro da Área de Saúde FGB, Nuria Pérez. Ela será a encargada de ofrecer aos alumnos unha Master Class sobre prevención de Lesións no Adestramento.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram