Formación en Iniciación: Convocatoria Aberta na Delegación Zonal de Santiago

A Área Deportiva FGB activa nova convocatoria da Formación en Iniciación para adestradores.

Confígurándose como a cuarta cita da actual temporada 2022 – 2023 para este nivel didáctivo, este novo curso de iniciación celebrarase presencialmente na localidade de A Estrada. As aulas presenciais terán lugar os vindeiros 6 e 8 de decembro baixo as seguintes premisas:

Formación Presencial
Sede: Pavillón Manuel Coto Ferreiro.
Horario: de 9:00 h a 14:00 h h e de 16:00 h a 21:00 h ambas as datas.

Formación online
Comezará unha vez se cumpra a fase presencial.

Normativa e Carga Didáctica

Inscrición

A inscrición debe realizarse seguindo tres pasos:

1. Cumprimentar e enviar o FORMULARIO ONLINE DE PREINSCRICIÓN
2. Unha vez enviado o formulario, é preciso remitir vía mail a adestradores@fegaba.com a seguinte documentación:

• Xustificante de pago da cota de inscrición do Curso: 200 euros a ingresar en Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406.
Esta taxa inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

• Unha Fotografía tamaño carné e unha Fotocopia do DNI (unicamente se non se ten licencia en vigor na FGB).

A FGB confirmará a inscripción unha vez reciba tanto o formulario como os documentos de cada alumno.

O prazo de inscrición péchase o vindeiro 30 de novembro (ás 18:00 h).

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram